Dende Coceta recibimos información sobre dous Reais Decretos recentemente publicados – mes de outubro de 2020- en asuntos de Igualdade que aprobou o Goberno para as empresas.

  • RD 901 que regula os Plans de Igualdade e os seu rexistro.
  • RD 902 sobre a Igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Esta normativa era moi esperada.

Segundo Coceta, estos Reais Decretos refírense na súa meirande parte aos artigos do Estatuto das Traballadoras e Traballadores, polo que cabe interpretar que se aplicarán ás persoas con relación laboral que presten traballo na cooperativa.

Pero existe, unha parte, a referenciada aos Plans de Igualdade, que en principio se aplicarán a todas as empresas, en virtude do establecido nao Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; polo tanto, no caso das cooperativas tanto no caso de persoas socias traballadoras como traballadoras por conta allea.

Decretos:

A entrada en vigor de ambos Decretos establece en TRES MESES e SEIS MESES. O Grupo de Traballo Xurídico de Coceta comenzará a análise dos textos normativos para elaborar un argumentario que permita fixar criterios interpretativos e xa ten elaborado un Informe (*) previo sobre os RD.

Por último, deixamos a Guía que o pasado ano, COCETA publicou para a Implantación de Plans de Igualdade en Cooperativas de Traballo (tamén neste tema comezarán a traballar para a súa adaptación).

——

Fonte: Coceta, Confederación de Cooperativas

(*) A disposión en EspazoCoop