Invitación ás escolas cooperativas: Mostra de Arte, dentro do 20º Congreso de UECoE
En relación ao 20º Congreso de UECoE a celebrar en Valencia os días 23, 24 e 25 de outubro de 2024, anúnciase que neste evento quérese dar cabida a unha MOSTRA de proxectos desenvoltos nas escolas cooperativas onde a ARTE sexa un eixo central no proceso de aprendizaxe.
Para a súa organización e preparación elaborouse un formulario dirixido aos centros, destinada ás cooperativas da Sectorial de Ensino no caso de EspazoCoop, para recoller unha primeira información sobre eses proxectos, no caso daquelas cooperativas de ensino que queiran participar nesta exposición.
A data límite para enviar o formulario é o 15 de marzo. Os centros interesados poden envialo ao correo electrónico ucev@ucev.coop
—
Arte, innovación, inclusión: son as palabras clave dun Congreso que faremos realidade colectivamente e onde queremos descubrir e explorar as potencialidades que a relación entre A EDUCACIÓN E A ARTE atesouran.
Aspiramos a facer este descubrimento dende a mirada e a acción cooperativas.
Porque é o noso Congreso, o do Cooperativismo Educativo. E sabemos que a suma feita dende a diversidade propia da escola cooperativa ofrécenos unha oportunidade inmellorable de reflexionar e construír xuntas e xuntos.
É por iso que queremos que o Congreso dea cabida a unha MOSTRA de proxectos desenvoltos en escolas cooperativas onde a arte teña sido eixo central do proceso e dos seus resultados.
Máis información e Formulario: fai clic aquí
Comité Organización 20 Congreso de UECoE