Afiprodel convida ás cooperativas a que participen na I Feira de Desenvolvemento Local os día 27 e 28 de Novembro en Bertamiráns (Concello de Ames), nela queren expoñer boas prácticas realizadas no territorio galego e percorrerá os concellos da comunidade ata decembro de 2016. O lugar de celebración será no Pazo da Peregrina, na Avda. José Luis Azcárraga, 5. Bertamiráns – Concello de Ames (A Coruña)

A Feira celébrase o sábado 28 de Novembro de 10 a 8 da tarde, e o día anterior, o venres, iniciarán unha xornadas técnicas que continuarán o sábado.

Os principais obxetivos da Feira son : Visibilizar, promocionar e intercambiar, e contará con tres áreas ou espazos:

– Exposición

– Xornadas

– Feira

Destacamos que a sección de Exposición de boas prácticas percorrerá os concellos galegos unha vez rematada a Feira.

 

As cooperativas que desexen participar poden facelo de dúas formas:

1. Zona de paneis: enviando ficha de proxecto para participar na exposicion na zona de paneis ou/e

2. Zona de carpas:  presentando os sus produtos ou servizos na zona exterior de carpas montada no Pazo de Peregrina.

Quenes queiran exponer na zona de paneis deberan realizar un panel coas características e contidos do seu proxecto segundo as pautas de Afiprodel, ademais poderá levar canta información, roller, folleto, vídeo, etc., desexe.

Para a zona de carpas só deberán ofertar unha actividade gratuíta para o público (un obradoiro, unha degustación, unha presentación, exhibicións, mostras en vivo…cualquera actividade que desexen)

Toda a información, datos de contacto, condicións, etc.,  poden atopala na web.  Web de información e inscrición: http://afiprodel.org/feira/

Na feira atoparedes proxectos e boas prácticas realizadas por emprendedoras/es, empresas, entidades ou concellos galegos que poñen en valor os recursos dos territorios e amosan a forza do local para acadar unha mellor calidade de vida, un desenvolvemento sostible e participativo dos territorios e unha aposta polas capacidades das persoas e recursos dos concellos para un presente e futuro que desenvolvan o “Bo vivir” nas nosas comunidades.

Organiza: Afiprodel, Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia Financia: Deputación da Coruña Colabora: Concello de Ames

“A FORZA DO LOCAL”
AFIPRODEL – GALICIA

Tfn: 629 273 627
afiprodel.org/feira
afiprodel.org@gmail.com