Fin de prazo presentación solicitudes PEL 2020 o xoves 11/06/2020

 

Desde o equipo técnico do Plan de Emprego Local lembran que o prazo de presentación de solicitudes ás axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2020) remata o vindeiro xoves, día 11 de xuño, ás 14.00 horas. As axudas que poden solicitar as pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas son as seguintes:

• PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas de ata 17.500€ (sen IVE) para contribuir á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información).

• PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN do cadro de persoal: Axudas de ata o 70% dos custes de soldos e salarios e Seguridade Social para subvencionar o primeiro ano de contratación dunha nova persoa traballadora.

• PEL PEMES MANTEMENTO do cadro de persoal: Axudas de ata o 50% dos custes de soldos e salarios e Seguridade Social para subvencionar ao mantemento da persoa traballadora subvencionada ao abeiro de PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2019.

As bases das axudas PEL 2020 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 29 do 12 de febreiro de 2020 ou na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/02/12/2020_0000000963.pdf

As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel).

Tamén na web https://emprego.dacoruna.gal/ pódese consultar a información actualizada do Plan de Emprego Local así como o documento preguntas frecuentes (FAQ) referido ás bases.

Para calquera dúbida, aclaración ou consulta contactar co equipo técnico do Plan de Emprego Local do Concello da Coruña.

Plan de Emprego Local – Concello da Coruña
pel@dacoruna.gal
Tel. 981080509