O martes 16 de decembro Ugacota vai estar presente na Mesa de  Conclusións que porá o peche á Xornada de Oportunidade de Desenvolvemento do Plan de coordinación comarcal para o desenvolvemento económico e o fomento do emprego Ferrolterra Avanza 2014, financiado pola Diputación de A Coruña.

 

Na Mesa de Conclusións participarán diferentes axentes, co obxectivo de detectar oportunidades e desenvolver mecanismos de atracción de talento, inversión, empresas. Búscase que todas as participantes compartan ideas orientadas a detectar oportunidades para o emprendemento, a creación do emprego, a mellora de competitividade así como os elementos a potenciar para atraer inversión á comarca.

 

A Xornada desenvolverase, dende ás nove da mañá do día 16, no Salón de Actos do Campus de Esteiro de Ferrol.

Animámoste a participar, para facelo podes inscribirte premendo aquí.