A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, está levando adiante unha programación de divulgación do cooperativismo no ensino secundario, a través da obra teatral COOPÉRATE ! .

Coopérate é unha obra de carácter lúdico e cómico, que divulga o modelo cooperativo dun xeito ameno e positivo. Conecta cos intereses e o humor do público destinatario e formula mensaxes claras en torno ás cooperativas e aos seus valores.

A obra compleméntase coa realización duha actividade de reflexión e debate, ao remate da mesma, que procura reforzar os contidos didácticos da obra, buscar unha reflexión activa por parte do público e consolidar con máis forza os coñecementos sobre cooperativismo que dan sentido a esta actividade.

Diríxese ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e están sendo beneficiarias destas accións, durante os meses de novembro e decembro, 10 centros de Galicia.

Para levar adiante este programa, cóntase coa colaboración da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG), que coordina as actividades nos centros, a cooperativa Cidadanía (deseño de programa e execución das actividades), e Cultuactiva (representación teatral).