UECoE ten asinado un convenio para dar difusión da oferta formativa para o Sector Educativo do Grupo Femxa (entidade de formación que ten colaborado coa Unión Española de Cooperativas de Ensino en anteriores plans de formación)

Os cursos 100% subvencionados que nos trasladan poden ser de interese para persoas socias e traballadoras de Cooperativas de Ensino (fai clic neste enlace -Especial Educación, cursos en liña), e tamén para desempregadas. Tamén poden participar outras cooperativas: academias, centros de asistencia e educación infantil, centros e servizos de atención á diversidade, autoescolas, etc. 

Podes elixir entre 25 accións formativas. Consulta a súa Oferta de cursos | Sector Educación

 

A continuación presentamos tamén a información recibida en EspazoCoop sobre os vindeiros cursos de Decembro 2018:

Cursos do SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) activos para persoas traballadoras do sector educativo privado ou concertada a nivel estatal.

Son totalmente gratuítos, posto que están subvencionados polo Servizo Público de Emprego do Ministerio de Traballo, Migracións e Asuntos Sociais, dentro das Políticas Activas de Emprego públicas. Ademais dos docentes, tamén pode participar na formación online calquera profesional que esté contratado actualmente por unha entidade ou centro deste sector. Non é formación bonificada,  o alumnado non necesita autorización da súa empresa, xa que pode inscribirse a título persoal.

 

 

Destacamos os seguintes cursos, con próxima data de inicio en Decembro:

  • Xestión de contidos dixitais: aprenderás a elaborar estratexias de contidos para impartir na aula a través de ferramentas online como Blogger, WordPress, Drupal, ¡e tamén manexarás as redes sociais como instrumento! Inicio: 13 de decembro.
  • Uso de tabletas na aula: adquirirás os coñecementos e habilidades para utilizar as tablets como recurso educativo nas aulas e nas distintas etapas educativas. Inicios: 4 e 20 de decembro.
  • Primeiros auxilios para persoas de diversidade funcional: aprenderás todo o relativo á prevención de accidentes e atención de primeira necesidade no primeiro auxilio. Adquire coñecementos que podas levar á práctica de forma sinsela a través deste curso online gratuíto. Inicios: 4 e 20 de decembro.

Ao finalizar, os/as participantes obterán unha titulación na que se incluirá o logotipo do Ministerio de Traballo, xa que todas as accións son especialidades recoñecidas polo SEPE.

Para solicitar praza, ou aclarar calquera dúbida, poden contactar en: