Podes escoller ata o 10 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:
- DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días.
- PROPOÑER ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS para o programa.
- PARTICIPAR NO ‘PONT-UP EXPRÉS‘ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
Podes solicitar unha ou varias opcións cun mesmo ou diferentes emprendementos.
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades demostrativas dentro do programa; e participar no Pont-Up Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 4 escoitantes, representantes de importantes empresas e entidades galegas. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades desde o 10 de xuño ao 10 de xullo a través da web www.pontupstore.com A decisión do comité organizador farase pública o 21 de xullo.
Atentamente,
Daniel Gallego Ortigueira
Secretaría Técnica do Pont-Up Store
|