O Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) do campus de Ferrol organiza o II Curso de verán “ “Oriéntate e Planifica o teu Futuro” que terá lugar os días 23, 24 e 25 de setembro de 2015.

Área de coñecemento: Orientación laboral, emprendemento e empregabilidade
Destinatarios/as: Estudantes universitarios e público interesado
Modalidade: Presencial . Duración: 20 horas
Horarios: Mañá 9:00 h a 14:30 h / Tarde 16:30 h a 19:30 h
Lugar de impartición: Campus de Ferrol- Facultade de Humanidades e Documentación (Aula Magna)
Prazo de matrícula: ata o 22 de setembro de 2015

O curso desenvolverase durante tres días, a través dunha serie de actividades programadas onde se abordarán de forma alternativa as temáticas de:

– Orientación Laboral
– Emprendemento
– Recursos Humanos
– Coaching

En cada unha destas actividades, os participantes terán a oportunidade de:

– Contactar co mercado laboral
– Coñecer as súas necesidades e intereses
– Informarse sobre as tendencias seguidas polas diferentes entidades que participan na incorporación de novos profesionais

Fai clic: Programa  – Cartel
Fai clic : Inscrición 

Bolsas de asistencia gratuíta, aloxamento e descontos en transporte público.
Recoñecemento académico.

Máis información : Telf.: 981 337 400 Ext: 3616 –  curso.oteufuturo@gmail.com