Convocados os Premios á Cooperación 2025
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2025.
O propósito desta convocatoria é fomentar e divilgar o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando no desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade galega.
As entidades beneficiarias que poden participar nos premios á cooperación son as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
A convocatoria establece premios nas seguintes categorías:
- Aos valores cooperativos.
- Ao mellor proxecto cooperativo novo (cooperativas cunha antigüedade igual ou menor de 42 meses).
- Á traxectoria cooperativa (cooperativas cunha antigüedade maior de 42 meses).
O orzamento total ascende a 15.000 euros. Outorgarase un premio de cinco mil euros (5.000,00 €) en cada unha das categorías.
O premio aos valores cooperativos outorgarase á entidade que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos recoñecidos como a adhesión voluntaria e aberta, a xestión democrática, e equidade, a solidariedade, a transparencia, a educación e formación ou ao interese demostrado en favor da comunidade, entre outros.
Na categoría de mellor cooperativa nova, recoñecerase unha entidade cunha antigüidade igual ou menor a 42 meses, que destaque polas contribucións nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais. O galardón á mellor traxectoria diríxese a cooperativas con máis de 42 meses de antigüidade, e que teña resaltado, entre outros, pola solidez dos resultados económicos acadados, a xeración de postos de traballo, as relacións de intercooperación ou a expansión territorial do seu negocio.
Consulta a convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes finaliza o venres 30 de abril de 2025.
Leave A Comment