Certame Cooperativismo no Ensino 2025

Certame Cooperativismo no Ensino 2025

O Goberno galego convocou o Certame Cooperativismo no Ensino 2025, que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de impulsar e promover actividades de fomento do cooperativismo.

O certame estará aberto á participación de centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, do mesmo xeito que na última edición na que participaron 25 centros educativos.

As rapazas e rapaces poderán presentar os seus traballos en tres diferentes modalidades:

  •  A primeira é de actividades artísticas e está dirixida a educación infantil, primaria e educación especial).
  • A segunda correspóndese con actividades cooperativizadas para educación secundaria obrigatoria e educación especial.
  • A terceira é a de proxectos empresariais cooperativos, destinada a centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Ao centro gañador e o accésit ao mellor proxecto empresarial poderán entrar a formar parte dos programas de emprendemento na economía social e mentorización que desenvolve a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede Eusumo e da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

O Goberno galego destina 28.000 € para o certame Cooperativismo no Ensino 2025 e enmárcase na aposta global da Administración galega a prol da economía social.

Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop animamos ás cooperativas de ensino asociadas a participar neste Certame que aposta pola promoción dos valores cooperativos no ámbito da comunidade educativa.

CONSULTA a convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2025.

 

2025-02-06T15:04:43+01:006/02/2025|Convocatorias|0 Comments

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Leave A Comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Go to Top