Bono Consolida Economía Social 2024
Abriu a convocatoria de axudas para o apoio á consolidación de cooperativas e as demais entidades da economía social, Bono consolida economía social para a anualidade 2024.
A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
- sociedades cooperativas.
- sociedades laborais.
- empresas de inserción.
- centros especiais de emprego.
Con antigüidade de 42 meses.Os conceptos subvencionables son:
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do centro de traballo.
- Mobiliario.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Plan de Protección de datos.
- Elementos de transporte.
- Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estén dados de alta no Reta.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 25 de marzo de 2024 ou ata esgotar crédito, polo que é aconsellable presentalas o antes posible.