Bolsas de Apoio á Mellora | Para cooperativas e entidades de Economía Social, 2019

 

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso de carácter gratuíto. A Unión abre a convocatoria de Bolsas de Apoio á Mellora para Cooperativas e entidades de Economía Social, como un instrumento de apoio á consolidación de proxectos empresariais cooperativos e de economía social.

Dirixida a: cooperativas e outras entidades de economía social, con preferencia para cooperativas socias de EspazoCoop, así como organizacións do tecido da economía social e solidaria de Galicia, en particular tamén do Foro pola Economía Social Galega ou REAS GALICIA, entre outras máis.

Se sodes unha cooperativa ou entidade da economía social que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 4 meses, para realizar un plan de mellora e  funcións xerenciais na vosa organización.

Se non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da vosa organización esta pode ser unha oportunidade. Solicita unha bolsa ata o 30 de xaneiro de 2019.

Contar cunha persoa bolseira permite analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da organización, e o fará co apoio dunha persoa titora de EspazoCoop, en coordinación coa cooperativa ou entidade de economía social e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

Fai clic, para descargar: Convocatoria – Bolsas Apoio á Mellora 2019

Fai clic, para descargar: Solicitude – Bolsas Apoio á Mellora 2019

Fai clic, para acceder ao Formulario de cumprimentación en liña:  Formulario – Bolsas Apoio á Mellora 2019

As Bolsas son unha ferramenta de utilidade na mellora dunha organización de economía social

O recurso das Bolsas ten amosado que é unha ferramenta de utilidade, as entidades que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos e á súa actividade económica, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.

A diagnose feita para a organización, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149

Estas Bolsas están no marco da Programación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Convoca: EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas.