Axudas Bono consolida economía social 2025
A Xunta convocou as axudas para a consolidación e impulso das entidades da economía social : Bono Consolida 2025.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria deste ano do Bono consolida economía social, trátase de axudas para o apoio e a consolidación das entidades da economía social de Galicia e para reforzar a súa presenza no tecido económico, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética.
Neste sentido, poden ser beneficiarias destes apoios sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego que estean rexistrados e acrediten unha antigüidade mínima de 42 meses.
As achegas serán de ata 30.000 euros por entidade e a intensidade da axuda do 80% do custo subvencionable. Entre outras actuacións con elas fináncianse, investimentos realizados entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025 en equipamento informático, software, márketing, eficiencia enerxética, elementos de transporte, formación para os socios afiliados ao réxime de traballo autónomo (Reta) ou reformas que se realicen en calquera instalación do centro de traballo.
O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 21 de febreiro e prolongarase ata o 21 de abril. Estas axudas, que se convocan desde o ano 2021, beneficiaron no 2024 a preto de 160 entidades, coa previsión de acadar as 200 solicitudes concedidas este ano.
Ligazón á orde no DOG: aquí
BONO CONSOLIDA 2025
– Presentación solicitudes: 2 meses desde o 21 de febreiro de 2025 a 21 de abril de 2025 (publicado o 11/02/25)
– Período execución/período subvencionable: desde 1 de novembro de 2024 ata 31 de outubro de 2025
– Xustificación: como máximo 10 de novembro de 2025
Leave A Comment