Axudas ao Emprendemento 2023
Abriu a convocatoria de AXUDAS AO EMPRENDEMENTO para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2023.
A finalidade das axudas, segundo a orde, a finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 5 de novembro de 2022 e a data da presentación da solicitude.
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as persoas traballadoras autónomas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Os conceptos subvencionables son:
1º. Equipamento informático.
2º. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira.
3º. Investimentos en eficiencia enerxética.
4º. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario.
5º. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 29 de setembro de 2023 ou ata esgotar crédito.