Axudas a cooperativas: Programa Aprol Economía Social 2024
Convocáronse as subvencións 2024 para fomento do emprendemento en economía social: ‘Programa Aprol Economía Social’. Estas axudas están destinadas ás cooperativas (entre outras beneficiarias).
Documentos informativos:
> Para consultar a orde completa, neste enlace
> Para descargar o folleto informativo, neste enlace
Finalidade do Programa Aprol Economía Social
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Para elo establecéronse dous Programas de axudas:
- Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.
PROGRAMA I, Poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen persoas socias traballadoras ou de traballo, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter indefinido ou a proba.
- De persoas desempregadas.
- De persoas vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
- De persoas socias a proba.
- De persoas asalariadas dunha empresa que se transforme en cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non fosen socias da empresa transformada.
A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial.
PROGRAMA II, Poderían acollerse a este programa as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, a través do financiamento das súas achegas económicas ao capital social, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia e que, no momento da súa incorporación, sexan:
- Persoas desempregadas.
- Persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
- Persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
- Persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
- Persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
Entidades beneficiarias
- As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións do programa I.
- Persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións do programa II.
Execución das accións
O período de execución é : Desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
Prazo de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes finaliza o 16 de setembro de 2024, ou ata esgotamento de crédito.
LEMBRADE
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop prestamos asesoramento e orientación na tramitación destas axudas.
Estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento de xeito gratuíto na posta en marcha de proxectos de empresa en réxime cooperativo.