Axudas a empresas de economía social do Concello de Santiago, convocatoria 2024

No ámbito da promoción económica, a Xunta de Goberno  do Concello de Santiago de Compostela deu luz verde ás bases reguladoras e á convocatoria das axudas destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago, que contará cun orzamento de 120.000 euros.

 

Axudas á economía social

Estas axudas están destinadas a apoiar ás empresas de Economía Social de Santiago de Compostela, e a elas poden optar aquelas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción que teñan iniciada a súa actividade o 1 de xaneiro de 2024, ou que a inicien dentro do período subvencionable, e se manteñan en activo durante o ano da convocatoria. Tamén é requisito para obter as axudas que as empresas teñan a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no concello de Santiago.

Como novidade, nesta convocatoria introdúcese como criterio de valoración o triple impacto social, medioambiental, ademais de económico, que deberá estar recollido na memoria empresarial presentada.

Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes realizados e pagos entre o 1 de xaneiro e o 1 de outubro desta ano. O importe final da subvención non poderá superar o importe máximo de 5.000 euros por beneficiario, nin o importe total do 80% dos gastos subvencionables debidamente xustificados.

O prazo para presentar as solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e finalizará o 1 de outubro de 2024.

Bases reguladoras da convocatoria: neste enlace

Documentos relacionados

Importante

Celebraranse dúas sesións informativas (no salón de actos do Edificio Cersia) das convocatorias de axudas a empresas de economía social e da III edición dos premios á excelencia empresarial.

  • Primeira sesión o 16 de setembro ás 10 h.
  • Segunda sesión o 16 de setembro ás 17 h.

Fonte da nova: web Concello de Santiago de Compostela