As empresas e organizacións da economía social xa poden solicitar as axudas do Ministerio | Prazo: 31 xaneiro

As empresas e organizacións da economía social xa poden solicitar as axudas convocadas dende hoxe polo Ministerio de Traballo e Economía Social, dotadas con 99,3 millóns de euros, cuxa finalidade é impulsar proxectos de economía social innovadores para os anos 2022 e 2023.

Estas axudas corresponden ao Plan Integral de Impulso á Economía Social, cuxas bases reguladoras publicáronse no BOE, no marco do PERTE de Economía Social e dos Coidados do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As axudas, que poden solicitarse ata o 31 de xaneiro, van dirixidas a empresas da economía social, entidades representativas da economía social e agrupacións de entidades, que realicen actuacións en cando menos dúas comunidades autónomas buscando ter especial incidencia en Pemes.

Bases reguladoras

Modificación da orde

Tal e como informa o Ministerio de Traballo e Economía Social, o Plan Integral de Impulso á Economía Social inclúe cinco programas de investimento para que aquelas empresas e organizacións interesadas presenten os seus proxectos, en función da natureza da súa actividade e do fin que persegan:

– TRANSFORMA_ES
– INICIATIVA_ES
– IMPULSA-TEC
– ALIANZAS_ES
– SOSTIBLE_ES

Toda a información relativa á convocatoria, prazos de solicitudes e posibles entidades beneficiarias, así como a intensidade e as contías das axudas pódense consultar na páxina web do Ministerio de Traballo e Economía Social.