As cooperativas xa poden candidatarse aos ‘Premios á Cooperación 2021’
Dende a Consellería de Emprego e Igualdade convócanse os Premios á Cooperación 2021.
Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.
Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
Modalidades:
Premio aos Valores Cooperativos
Á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos, dotado con 5.000 €.
Como novidade: valoraranse aquelas accións realizadas para contribuir ao benestar social durante a Covid19.
Premio ao Mellor Proxecto Cooperativo Novo
Cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses, que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais, dotado con 5.000 €.
Premio á Traxectoria Cooperativa
Cooperativa con antigüedade maior a 42 meses, que destacase no ámbito económico e social, dotado con 5.000 €.
Prazo: a presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2021
Descarga as Bases Reguladoras, fai clic aquí
Descarga o Cartel dos Premios, fai clic aquí