Bolsas en Entidades de Economía Social | Convocatoria 2018

/, Novas do cooperativismo/Bolsas en Entidades de Economía Social | Convocatoria 2018

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso gratuíto, abre a convocatoria de Bolsas para Entidades de Economía Social.

Esta convocatoria está dirixida a:  cooperativas e outras entidades de Economía Social, con preferencia para cooperativas socias de Espazocoop, así como organizacións do tecido da economía social e solidaria de Galicia, en particular tamén do Foro da Economía Social Galega.

Queres contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar funcións xerenciais e mellorar este ámbito da organización?

Sodes unha cooperativa ou entidade da economía social que quere mellorar e impulsar a área da xerencia?

 

Non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da da vosa organización?

Solicita unha bolsa, prazo: 6 de abril de 2018.

 

Contar cunha persoa bolseira dará a posibilidade de analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa, e o fará co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

Fai clic, para descargar: Convocatoria – Bolsas en Entidades de Economía Social 2018

Fai clic, para descargar: Solicitude – Bolsas en Entidades de Economía Social 2018

Fai clic, para acceder ao formulario a cumprimentar pola organización solicitante : aquí

As bolsas son unha ferramenta de utilidade na mellora dunha organización de economía social

As bolsas xerenciais teñen amosado que son unha ferramenta de utilidade, as entidades que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos e á súa actividade económica, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.
A diagnose feita para a organización, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Estas Bolsas están no marco do Proxecto “Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social. Laces”, e dentro do Programa de actuación 2018 da Rede Eusumo.

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora – Financia:
– Laces é un proxecto cofinanciado polo FEDER no marco do Programa Interreg V-A España-Portugal POCTEP 2014-2020. Ten como obxectivo principal contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorexión Galicia – Norte de Portugal.

-A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

2018-03-23T15:00:47+00:00 23/03/2018|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies