Xornada final +COOP: apoio na creación de cooperativas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop vén desenvolvendo no período 2022-2023, en colaboración coa Rede Eusumo- Xunta de Galicia, Cepes e o FSE, o programa +COOP, co obxetivo principal de prestar servizos de apoio á cidadanía para crear empresas cooperativas e acceder con elo ao emprego, mediante a fórmula do autoemprego colectivo.
+COOP desenvólvese a través da orientación, información, asesoramento, e o acompañamento especializado aos colectivos de persoas que queren emprender, para facer das súas ideas de negocio e actividades profesionais, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente.
Os servizos e os procesos de atención a usurias realizados dende a Unión de Cooperativas, son reflexivos e participados, e pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades.
Sendo EspazoCooop unha entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas, e un dos puntos fundamentais aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo, o persoal técnico dá o soporte axeitado nas primeiras etapas de vida, axuda a constituíla, a consolidarse, e facilita a opción de formar parte dun grupo amplo de cooperativas coas que poder colaborar e xerar negocio, asociándose á Unión, que ademais, defenderá os seus intereses como entidade representativa que é do cooperativismo galego.
As singularidades das cooperativas como empresas de participación e xestión democrática requiren de apoios que sexan verdadeiramente coñecedores desta fórmula empresarial para darlle as claves oportunas ao grupo emprendedor.
O venres 14 de xullo ás 10 horas, en “La Moda” Rural Lab en Silleda, terá lugar a Xornada final de Presentación de Resultados, do período 2022-2023, fundamentalmente destinada a:
- Persoas con idea de emprender en colectivo.
- Cooperativas beneficiarias do programa.
- Persoal técnico de servizos de emprego e emprendemento: técnicas/os de emprego, axentes de desenvolvemento local, profesionais de asesorías e xestorías, profesorado de formación profesional, orientadoras/es laborais…
- Cooperativas de recente constitución non socias.
> Programa da Xornada +COOP neste enlace
> Cartel
> Inscríbete e participa: neste enlace