Aberto o rexistro para ser entidade Mentorizada do programa ES-Mentoring, edición 2023


O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Xunta de Galicia, co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas.

ES-MENTORING diríxese ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación, entre outros, e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte de persoas expertas en economía social e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade.

Ao mesmo tempo, promovemos a creación e continuidade da Rede de mentoras na economía social que permita compartir os coñecementos, vivencias e habilidades dos profesionais con experiencia con outras entidades da economía social que precisan implementar melloras.

Que entidades poden ser beneficiarias e ser Mentorizadas?

Calquera empresa do sector da economía social pode participar no programa ES-MENTORING, terán prioridade as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, confrarías, as comunidades de montes, sociedades agrarias de transformación, sen prexuizo de que se poidan atender a outras entidades
do sector, como as fundacións e asociacións con actividade económica e sen fins lucrativos, ou as mutualidades.

Rexistro para ser entidade Mentorizada

Accede ao rexistro neste enlace

Folleto informativo

Accede ao folleto informativo para entidades Mentorizadas neste enlace

Web do programa

https://es-mentoring.gal/

Contacto

E-mail: esmentoringal@gmail.com
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias | Telf. 981 58 47 83
Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop | Telf. 981 57 55 78