Xornada ES-MENTORING “Rede de Mentorías da Economía Social”

Acompañando á Economía Social

ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización desenvolvida conxuntamente entre EspazoCoop e Agaca nas edicións 2022 e 2023, para a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas.

ES-MENTORING diríxese ás cooperativas e empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, que están nun momento de evolución, de crise, nun proceso de cambio, de innovación, etc., que están interesadas en recibir orientación sobre como enfocar a súa situación e son acompañadas por persoas expertas en economía social (as mentoras) que puideron ter pasado por circunstancias similares e aportan a súa experiencia.

Encontro de intercambio ES-MENTORING

Neste contexto, EspazoCoop organiza o día 6 de novembro de 2024 un encontro de intercambio de coñecemento e experiencia entre persoas mentoras que participaron no programa ES-MENTORING nos anos 2022 e 2023 e as entidades mentorizadas nesas edicións, co fin de incrementar un coñecemento que serva de elemento facilitador do encaixe da demanda de mentoría e a oferta de mentorización.

A xornada REDE DE MENTORÍAS DA ECONOMÍA SOCIAL está destinada tanto ás mentoras participantes no programa como as organizacións mentorizadas, ademais doutras entidades da economía social interesadas en coñecer este programa.

Convidamos a tódalas participantes de ES MENTORING a asistir ao encontro do vindeiro 6 de novembro en Santiago para seguir acompañando á Economía Social. Agardámosvos!

PROGRAMA NESTE ENLACE | INSCRICIÓN NESTE ENLACE

[Web do Programa ES-Mentoring: https://es-mentoring.gal/]