O vindeiro 13 de novembro, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia, celebrará unha xornada titulada “Cooperativas no sector da cultura” que se inscribe dentro do marco das actividades da Rede Eusumo.

Durante a xornada darase a coñecer o cooperativismo nas súas diferentes variantes, ao tempo que se mostrará o seu notable potencial de cara ao desenvolvemento de proxectos culturais , baseándose en diferentes iniciativas de éxito.

Programa da Xornada

Programa da Xornada
16:00. Acreditación e benvida
16:30. Presentación das liñas en emprendemento da Fundación Cidade da Cultura de Galicia Beatriz González Loroño. Directora-Xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia
16:50. A Rede Eusumo e outros servizos e incentivos que impulsan novas cooperativas Xoán Miguel Concheiro Abal. Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social, Xunta de Galicia
17:10. O modelo cooperativo e as súas posibles aplicacións no sector cultural Ana Lorenzo Vila. Equipo técnico da Rede Eusumo
17:40. Actuación do grupo de cámara do Conservatorio Histórico de Santiago
18:15. Descanso
18:30. Experiencias cooperativas no sector cultural
Grupo Mus21. Madrid
Culturactiva. Santiago
O Cable Inglés. Vigo
Conservatorio Histórico de Santiago.
19:45. Clausura da Xornada Odilo Martiñá Rodríguez Director Xeral de Traballo e Economía Social

A xornada está orientada a profesionais e emprendedores do sector cultural, axentes e entidades de fomento do emprego e do emprendemento, membros de empresas cooperativas e público en xeral.

A asistencia é de balde previa inscripción no correo electrónico cultura@eusumo.coop ou no teléfono 634 555 029.

Podes consultar o programa da xornada neste documento: diptico_xornada_cultura_eusumo