Sesión informativa:
Axudas de Fiare a fondo perdido para Comunidades Enerxéticas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración con Fiare Banca Ética, e en liña co proxecto do que é socia EC4Rural liderado pola UVigo (sobre transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas), organiza unha sesión informativa virtual sobre a convocatoria lanzada por Fiare para apoio económico ao desenvolvemento e a consolidación de Comunidades Enerxéticas, nos territorios das persoas socias de Fiare Banca Ética, co obxectivo de afortalar a colaboración mutua, contribuíndo á transición enerxética xusta e á loita contra o cambio climático.
Cando? Sesión informativa en liña o xoves 30 de xaneiro de 2025, de 16.30 a 17.30 h. a través da plataforma zoom.
Axuda económica a fondo perdido
As Comunidades Enerxéticas seleccionadas recibirán unha axuda económica a fondo perdido, entre 500 e 3.000 euros segundo as súas necesidades e proxectos.
- Bases descarga
- Inscríbete aquí á sesión virtual a través de Zoom (inscricións ata o 29 de xaneiro ás 14 h., será enviado enlace á sesión con posterioridade)
Ademáis, as Comunidades Enerxéticas poderán acceder a outros recursos como:
- Programa La Colmena: Apoio técnico e posibilidade de recibir aportación de capital.
- Programa Accións para a Mocidade: para persoas e organizacións da mocidade mediante cumprimentación da expresión de interese por parte da solicitante.
Calendario da convocatoria de Fiare para Comunidades Enerxéticas
- Prazo de solicitudes: ata 10 de febrero de 2025
- Avaliación e selección: ata 20 de marzo de 2025
- Inicio dos proxectos seleccionados: 1 de abril de 2025
+ Información na web de Fiare neste enlace
Leave A Comment