Formación Especializada para Cooperativas 2025

 

 

A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza o Programa de Formación Especializada de Cooperativas, que realiza co apoio do Concello de Santiago de Compostela e co que Unión asinou un convenio de colaboración para desenvolver un programa máis amplo de actuacións a favor do cooperativismo, denominado “Impulso dun Ecosistema Emprendedor na Economía Social”.

O programa ofrece 3 cursos, de carácter gratuíto, presenciais que se desenvolverán nas instalacións de Cersia Empresa en Santiago de Compostela os meses de maio e xuño de 2025.

Obxectivos do programa de formación especializada de cooperativas:

  • Consolidar ás empresas de economía social, mediante formación que contribúa á capacitación das persoas e á mellora continúa das empresas, contribuíndo á mellora da xestión e da súa organización empresarial.
  • Divulgar de forma práctica ás cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e os sistemas de dirección.
  • Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes para establecer alianzas futuras.

A seguir presentamos os 3 cursos, que se acreditan mediante diploma:

Curso 1 | XESTIÓN LABORAL E SOCIETARIA EN COOPERATIVAS

Data e horario: martes 13 de maio e 10 de xuño de 2025, de 9:30 a 14:30 horas – Cartel

Imparten:  Xedega S. Coop. Galega, e Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Programa: neste enlace –  Inscrición neste enlace

 

Curso 2 | MARKETING DIXITAL PARA COOPERATIVAS

Data e horario: martes 20 e 27 de maio de 2025, de 9:30 a 14:30 horas – Cartel

Imparte:  Nakeep S. Coop. Galega.

Programa: : neste enlace  –  Inscrición neste enlace

 

Curso 3 | INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ECONOMÍA SOCIAL

Data e horario: martes 3 de xuño de 2025, de 9:30 a 14:30 horas – Cartel

Imparte:  Tagen Ata S. Coop. Galega.

Programa: neste enlace Inscrición neste enlace


Actividades realizadas no marco do convenio de colaboración 2025 entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela.