Dirección e xestión financeira nas cooperativas | 26/out. e 08/nov.

/, Rede Eusumo/Dirección e xestión financeira nas cooperativas | 26/out. e 08/nov.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá continuidade ao ‘Programa de Formación Especializada’ gratuíto destinado prioritariamente para as cooperativas socias, e tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social.

Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado, ou innovación entre outras que inicio en xuño co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, continuando este mes de outubro coa seguinte proposta:

 

 

MÓDULO 2

DIRECCIÓN E XESTIÓN FINANCEIRA NAS COOPERATIVAS

O venres 26 de outubro e o xoves  8 de novembro en Santiago  – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Tomiño 22, entreplantas (nas instalación de Agaca) – Duración do módulo 15 h. |  Programa Aquí  | Inscrición aquí  Cartel Aquí

Impartida por : A acción formativa será impartida e dinamizada por Antón Ínsua López, Licenciado en CC Económicas pola USC. Foi socio da cooperativa Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais na que desempeñou o posto de xerente durante máis de dezaoito anos. Ten experiencia como docente no campo dos Recursos Humanos e da Xestión Empresarial (Contabilidade e Fiscal). Ven colaborando coa banca ética a través de Coop57 Galicia (sección galega de Coop57 SCC servizos financeiros éticos e solidarios), é socio.

A súa ampla experiencia e traxectoria profesional no mundo cooperativo e da economía social tamén se nutre doutros ámbitos, como o cooperativismo de vivendas e de consumo, sendo socio fundador de Salgueiriños de Vivendas (Responsable económico) e de Salgueiriños de Consumo onde é Secretario. 

Actualmente é asesor en Cooperativismo, Economía Social e Contratación Pública.

Por que facer esta formación?

1| Con esta formación mellorarás as capacidades na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.

2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.

Trataremos as funcións da xestión financeira, abordaremos as ferramentas de finanzas, falaremos de contabilidade e do seguimento da actividade. >> Programa Aquí

Para quen?

Preferentemente para cooperativas socias, persoas socias e asalariadas que están en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática do curso. Tamén outras cooperativas e organizacións.

———-

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social

 

2018-10-15T13:59:14+00:0010/10/2018|Espazo Coop, Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies