Matrícula aberta! Cursos de AGACA nos Centros da Rede Eusumo :
Neste ano 2014, a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA desenvolverá máis accións formativas gratuítas no marco da Rede Eusumo : Cooperativismo e Economía Social.
Para os próximos meses ten programados dous tipos de obradoiros dirixidos a todos aqueles interesados/as con espírito emprendendor:
– Obradoiro: “Emprendemento Cooperativo no Medio Rural: ideas de negocio”. Principais contidos: xeración e maduración de ideas, casos de éxito, plan de empresa, marketing e axudas públicas.
– Obradoiro: “A Fórmula Cooperativa como Empresa: autoemprego cooperativo”. Principais contidos: conceptos empresariais, regulamento cooperativo, habilidades directivas, participación e liderado das mulleres, comercialización e plan estratéxico.
Os obradoiros teñen carácter presencial e desenvolveranse en varios Centros da Rede Eusumo repartidos pola xeografía galega, entre os meses de marzo a outubro de 2014. Cada obradoiro ten unha duración de 21 horas lectivas distribuídas en sete xornadas. Ao remate do mesmo expedirase unha certificación da subdirección de Cooperativas e Economía Social.
Fai clic aquí : Calendario de actividades .
O calendario pode estar suxeito a variacións que serán debidamente informadas na web da Agaca : www.agaca.coop .