ADN cooperativo fronte á crise

A Unión de Cooperativas EspazoCoop avanza no Programa de Formación Especializada na Área Xerencial que se destina prioritariamente a cooperativas socias, aínda que tamén orientado a outras cooperativas e organizacións de economía social.

 

 

Este Programa trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.

 

Para o mes de Outubro de 2020 temos previsto impartir o último módulo temático deste 2020, que versará sobre competencias e habilidades clave para unha óptima aptitude cooperativa, ten unha duración de 15 horas e se realiza en modalidade teleformación nas seguintes datas:

[ ADN cooperativo fronte á crise ]

Do 13 ao 27 de outubro de 2020.

Sesións virtuais de aprendizaxe: 13 e 27 de outubro.

Horario das sesións virtuais: De 11 a 12.30 horas.

Fai clic:  CARTEL –  PRESENTACIÓN E PROGRAMA DO CURSO

 

[ Imparte ]

Patane García Méndez. Membro do equipo técnico da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con experiencia docente contrastada na área das competencias e habilidades cooperativas.

[ Obxetivos do Programa de formación especializada xerencial ]

– Atender as necesidades formativas específicas de mellora na xestión empresarial e capacitación para a dirección e xerencia das cooperativas participantes.

– Mellorar a situación dos procedementos e sistemas de dirección empresarial das cooperativas participantes, mediante operativas adaptadas ao modelo.

– Divulgar de forma práctica as cooperativas participantes, boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora dos seus procedementos de xestión e sistemas de dirección .

– Potenciar o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias das cooperativas participantes que permitan establecer alianzas futuras.

[ Programa do módulo: ADN COOPERATIVO FRONTE Á CRISE ]

  • ADN Cooperativo fronte a crise. Como  traballamos nas cooperativas.
  • Coidados en tempos de crise: empezar polo importante.
  • A comunicación: desenvolver unha comunicación fluída e eficaz incluso  na distancia.
  • En época de crise tamén tomamos decisións. Ferramentas para  mellorar os procesos de indagación e toma de decisións.
  • Liderado en época de crise.

[ Inscrición ]

Para inscribirte Fai clic:  Neste enlace

[ Metodoloxía ]

A metodoloxía é activa e participativa. Búscase captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na súa actividade e haxa unha aprendizaxe signifcativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais e dixitais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación.

  • Desenvólvese na Aula Virtual da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
  • Habilitarase un sistema de titorización a distancia.
  • Secuencial, seguindo os contidos, exercicios, tarefas e demais propostas dos módulos deste curso.
  • Práctica.
  • Amáis dos contidos que se porán ao dispor do alumnado na plataforma, realizaranse 2 sesións virtuais de aprendizaxe ao longo de cada curso, os días 13 e 27 de outubro, de 11 a 12.30 horas.

[ Para quen? ]

Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa. Tamén, para outras cooperativas e organizacións de economía social, ou público interesado en xeral.

As prazas son limitadas.

[ Cotas de inscrición ]

  • Cooperativas socias, e cooperativas en proceso de creación -acompañados por EspazoCoop e con compromiso de asociarse- : 25 €
  • Cooperativas non socias e entidades pertencentes a organizacións do Foro pola Economía Social Galega e REAS Galicia: 50 €
  • Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente mencionadas: 100 €

[ Proceso de matriculación ]

1| Inscríbete no formulario neste enlace

2| Efectúa o pago da cota que te corresponda (no nº de conta indicada no formulario)

3| Envíanos o xustificante de pago a: patane@espazo.coop para confirmarte a praza.

Xa estarás matriculada/o no curso de EspazoCoop “Adn cooperativo fronte á crise”.

Máis información e consultas: 881 887 456 – patane@espazo.coop

 


Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.