EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, realizará a seguinte programación formativa en modalidade presencial no mes de Xuño no marco da Programación 2018 da Rede Eusumo.
Trátase de 3 accións formativas gratuítas, nas localidades de Vigo, Porto do Son, e A Coruña, todos os cursos teñen unha duración de 20 horas, distribuídas en 4 sesións de 5 horas.
VIGO
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER | VIGO
Na entidade da Rede Eusumo – Universidade de Vigo – Facultade de CC. Económicas e Empresariais (As Lagoas Marcosende s/n Vigo)
Do 19/06/18 ao 22/06/18 – 4 sesións – De 9:30 a 14:30 horas – Programa – Inscrición
PORTO DO SON
FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER | PORTO DO SON
No Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son (Lugar de Noal nº 26, Porto do Son)
Do 12/06/18 ao 15/06/18 – 4 sesións – De 9:30 a 14:30 horas – Programa
Inscricións: Concello de Porto do Son
José Pazó (Orientador Laboral do Concello de Porto do Son)
Telf. 981 86 74 12 (Ex. 1302) – e-mail: jose.pazo@portodoson.gal
A CORUÑA
POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO? | A CORUÑA
Na entidade da Rede Eusumo – Universidade da Coruña, Centro Universitario de Riazor (Avda. Almirante Lángara s/n, A Coruña)
Do 19/06/18 ao 22/06/18 – 4 sesións – De 9:30 a 14:30 horas – Inscrición – Programa
Co apoio de:
– Estas accións formativas están enmarcadas no programa de actuación 2018 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
– Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia e Ministerio de Emprego e Seguridade Social – Goberno de España.