06 febreiro: EC4RURAL en conexión co territorio: sinerxías cos Grupos de Desenvolvemento Rural
Sede da Fegamp. Rúa Varsovia 4C 6ª planta. Área Central. Santiago de Compostela.
6 de febreiro de 2024, de 10.30 a 13.30 h.
O martes 6 de febreiro os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia danse cita na sede da FEGAMP para coñecer en maior detalle os obxectivos do proxecto EC4RURAL; afondar sobre o plan de traballo inmediato para promover a participacion rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas; coñecer iniciativas que se están a promover e desenvolver; e debater sobre as sinerxías que se poden xerar entre o labor dos GDR e EC4RURAL.
A Unión de Cooperativas EspazoCoop participará no programa desta sesión para os GDR, faino en calidade de socia do proxecto EC4RURAL, liderado pola Universidade de Vigo e que busca o impulso das comunidades enerxéticas en 22 concellos de Galicia.
As persoas interesadas en participar deben confirmar a súa asistencia cumprimentando o seguinte formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN
PROGRAMA DA SESIÓN |
10:30 horas. Benvida institucional José Antonio Santiso, presidente da Asociación de GDR de Galicia -pc- Inés Santé, directora da AGADER -pc- Alberto Varela, presidente da FEGAMP |
10:50 horas. Presentación do proxecto EC4RURAL
Xavier Simón, coordinador do proxecto. Universidade de Vigo |
11:05 horas. Enfoque metodolóxico e plan de traballo. Implicación dos GDR
|
11:35 horas. Mesa de experiencias
Eva González, xerente do GDR Limia Arnoia
Paco González, xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta
Noel Viñas, director xeral de UDESA |
12:20 horas. Preguntas e debate |