“Foron cidadáns responsables socialmente ao longo da súa vida, membros de asociacións culturais e veciñais, de cooperativas de ensino ou voluntarios/as … ” . Agora, na súa xubilación,  inauguran unha residencia autoxestionada, Trabensol sociedade cooperativa, en   Torremocha del Jarama (Madrid).

Este artigo publicado no xornal El País, amósanos que a cooperativa continúa sendo un modelo válido para cubrir as necesidades das persoas e da sociedade. Este grupo de 81 xubiladas/os non queren depender dun sistema que opinan deixa á maioría das persoas maiores fóra,  queren decidir sobre o seu propio futuro, e buscan financiamento, entre outras, en entidades financeiras éticas como Fiare.

Para leer o artigo preme aquí : “La república de los abuelos”. El País, 7 de xullo de 2013