A organización internacional das cooperativas de traballo asociado CICOPA dispón dun boletín de novas ao que podes acceder vía web:

head_trabajar_juntos

 

 

 

A Organización Internacional das Cooperativas de Produción Industrial, Artesanal e de Servizos, ou CICOPA, é unha organización sectorial da Alianza Cooperativa Internacional (ACI) desde 1947. Os seus membros de pleno dereito son cooperativas de produción de diferentes sectores: construción, produción industrial, servizos de interese xeral, transporte, servizos intelectuais, artesanía, entre outros. Os seus membros asociados son organizacións de apoio que promoven cooperativas nos sectores mencionados.

Moitas desas cooperativas son de traballo asociado, ou sexa, cooperativas onde os socios son á vez os traballadores da empresa, denominándose socios traballadores. Por este motivo, estas empresas caracterízanse por un tipo distintivo de relación laboral, denominado «traballo asociado», diferente ao que experimentan os empregados convencionais ou os traballadores autónomos.