Emprendemento empresarial na economía social [Concello da Coruña]
– Programa: Emprendemento empresarial na economía social.
– Financiado polo Concello da Coruña.
– Período: Dende o ano 2016 – En curso.
EspazoCoop e o Concello da Coruña levan anos traballando de maneira conxunta na cidade a través de diferentes proxectos e accións para poñer en valor o cooperativismo e continúan nesta liña. Ano a ano trátase de abrir novas posibilidades de accións e iniciativas que permitan achegar o cooperativismo á cidadanía da Coruña e a novos públicos, tanto para impulsar a constitución de novas entidades cooperativas como para difundir os beneficios, obxectivos e principios do cooperativismo.
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop fai parte do Pacto Local de Emprego do Concello da Coruña.
Actividades do convenio de colaboración 2025 entre EspazoCoop e o Concello da Coruña

[ Encontro Networking Cooperativo “Tecendo Rede” ]
O día 1 de xullo de 2025 en Coruña organizamos o Encontro Networking cooperativo “Tecendo Redes”, cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre dúas temáticas estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas) e a colaboración coas administracións públicas (licitacións, contratos menores, convenios, etc.).
O encontro será conducido por unha dinamizadora con ampla experiencia. Trátase dunha actividade de dinamización do tecido cooperativo no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio.
+ Información: neste enlace
[ Cooperativismo nos centros de ensino ]
3 edicións do Roteiro Cooperativo na Coruña, para centros de ensino que buscan achegarse a coñecer cooperativas da Coruña, nas que as mesmas trasladan a súa experiencia e as potencialidades de emprender co modelo cooperativo. Con elas dase continuidade ao traballo de fomentar o emprendemento cooperativo a estudantes. Tamén inclúe 3 edicións da charla divulgativa “E ti, coñeces a fórmula cooperativa?”, as actividades celébranse nos meses de outubro e novembro de 2025.
Calendario de actividades
Charla divulgativa “E ti, coñeces a fórmula cooperativa?”
- 14 de outubro 2025
- 4 de novembro 2025
- 17 de novembro 2025
Centros participantes: IES Rosalía Mera e CIFP Imaxe e Son.
Roteiro cooperativo
- 28 de outubro 2025
- 29 de outubro 2025
- 30 de outubro 2025
Centros participantes: IES Ramón Menéndez Pidal, CPR La Grande Obra de Atocha, e IES Urbano Lugrís.
Cooperativas participantes: Alén, Tako, Malas Sementes e Arela Saúde.
[ EspazoCoop Acompaña ]
Ofrece asesoramento e acompañamento, tanto para cooperativas activas como para grupos promotores, empresas en crise que valoren a súa transformación en cooperativa e persoas autónomas para agrupar servizos, recursos ou investimentos.
O servizo conta cun fondo de 90 horas de asesoramento e acompañamento para distribuír entre as usuarias, o mesmo será flexible en función das necesidades e demandas dos proxectos acompañados.
A atención será presencial no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) ou en modalidade virtual durante o ano 2025.
+ Información e citas: 697 877 773 – patane@espazo.coop
FOLLETO DO PROGRAMA: Economía Cooperativa A Coruña 2025
Novas relacionadas:
Actividades do convenio de colaboración 2024 entre EspazoCoop e o Concello da Coruña
[ EspazoCoop Acompaña ]
Ofrece asesoramento e acompañamento, tanto para cooperativas activas como para grupos promotores, empresas en crise que valoren a súa transformación en cooperativa e persoas autónomas para agrupar servizos, recursos ou investimentos.
O servizo conta cun fondo de 120 horas de asesoramento e acompañamento para distribuír entre ás diversas usuarias, o mesmo será flexible en función das necesidades e demandas dos proxectos acompañados.
A atención será presencial no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) ou en modalidade virtual durante o ano 2024.
Folleto EspazoCoop Acompaña 2024 neste enlace
[ Roteiro cooperativo ]
Rutas para centros de ensino, que buscan achegarse a coñecer cooperativas da Coruña, nas que as mesmas trasladan a súa experiencia e as potencialidades de emprender co modelo cooperativo. Con elas dase continuidade ao traballo de fomentar o emprendemento cooperativo a estudantes.
Realizaranse 2 edicións nas que coñecerán 3 cooperativas. A actividade está prevista para o mes de outubro de 2024 e pódese realizar a solicitude a través do seguinte formulario solicitude
[ Xornada “As cooperativas, empresas sustentables” ]
Unha xornada que permitirá mostrar a acción realizada a favor do cooperativismo no concello, achegando resultados, pero amais, a mesma terá como temática central a achega das cooperativas á sostibilidade, a integración nelas dos principios de sostibilidade, tanto a nivel de gobernanza como de autoxestión de actividades, que contribúen a unha maior calidade do ecosistema da cidade.
A xornada está prevista para o mes de novembro de 2024, será aberta ao público xeral e se celebrará no Centro Ágora (A Coruña).
Novas relacionadas:
Vídeo presentado no ano 2022 nas xornadas de resultados do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop “Dinamizando o local desde o cooperativismo”