Emprendemento empresarial na economía social [Concello da Coruña]

 

– Programa: Emprendemento empresarial na economía social.

– Financiado polo Concello da Coruña.

– Período: Dende o ano 2016 – En curso.


 

EspazoCoop e o Concello da Coruña levan anos traballando de maneira conxunta na cidade a través de diferentes proxectos e accións para poñer en valor o cooperativismo e continúan nesta liña. Ano a ano trátase de abrir novas posibilidades de accións e iniciativas que permitan achegar o cooperativismo á cidadanía da Coruña e a novos públicos, tanto para impulsar a constitución de novas entidades cooperativas como para difundir os beneficios, obxectivos e principios do cooperativismo.

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop fai parte do Pacto Local de Emprego do Concello da Coruña.

Actividades do convenio de colaboración 2024 entre EspazoCoop e o Concello da Coruña

[ EspazoCoop Acompaña ]

Ofrece asesoramento e acompañamento, tanto para cooperativas activas como para grupos promotores, empresas en crise que valoren a súa transformación en cooperativa e persoas autónomas para agrupar servizos, recursos ou investimentos.

O servizo conta cun fondo de 120 horas de asesoramento e acompañamento para distribuír entre ás diversas usuarias, o mesmo será flexible en función das necesidades e demandas dos proxectos acompañados.

A atención será presencial no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) ou en modalidade virtual durante o ano 2024.

Folleto EspazoCoop Acompaña 2024 neste enlace

[ Roteiro cooperativo ]

Rutas para centros de ensino, que buscan achegarse a coñecer cooperativas da Coruña, nas que as mesmas trasladan a súa experiencia e as potencialidades de emprender co modelo cooperativo. Con elas dase continuidade ao traballo de fomentar o emprendemento cooperativo a estudantes.

Realizaranse 2 edicións nas que coñecerán 3 cooperativas. A actividade está prevista para o mes de outubro de 2024 e pódese realizar a solicitude a través do seguinte formulario solicitude

[ Xornada “As cooperativas, empresas sustentables” ]

Unha xornada que permitirá mostrar a acción realizada a favor do cooperativismo no concello, achegando resultados, pero amais, a mesma terá como temática central a achega das cooperativas á sostibilidade, a integración nelas dos principios de sostibilidade, tanto a nivel de gobernanza como de autoxestión de actividades, que contribúen a unha maior calidade do ecosistema da cidade.

A xornada está prevista para o mes de novembro de 2024, será aberta ao público xeral e se celebrará no Centro Ágora (A Coruña).

Nova relacionada:


 

Vídeo presentado no ano 2022 nas xornadas de resultados do convenio de colaboración entre o Concello da Coruña e EspazoCoop «Dinamizando o local desde o cooperativismo»