Abertas as inscricións para a 2ª edición do programa #OlympeEmprende

A nosa asociada, a cooperativa Abeluria S. Coop. Galega, xunto ás cooperativas Tandem Social e Wazo Coop lanza a 2ª edición da iniciativa #OlympeEmprende, un programa que lideran para impulsar  a economía social e solidaria entre mulleres na comunidade galega.

Abertas as inscricións para a 2ª edición do programa #OlympeEmprende

O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que constituísen unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado en feminino.

Con este fin, ofrece a 14 mulleres, de xeito gratuíto, acompañamento individual e colectivo, webinars, circuítos de emprendemento, sesións de  intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita dar un soporte á constitución de cooperativas no territorio lideradas por mulleres. O programa realizarase de febreiro a principios de xullo (2022), e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (por exemplo a mellora do benestar do ser humano e a equidade social).

O programa conta cun premio económico de ata 3.000 € para o establecemento de cooperativas.

PROGRAMA:

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop auspiciarán e formarán de maneira virtual aqueles proxectos seleccionados explicando o concepto de empresa da economía social e solidaria, modelos de negocio, márketing e comercialización ou fontes de financiamento alternativas. E á súa vez realizarase un acompañamento individual e colectivo de maneira virtual dos proxectos para axudar nas necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con moito potencial na economía social e no emprendemento en feminino. #OlympeEmprende vai dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras de Galicia lideradas por mulleres que estean arraigadas no territorio, que practiquen a intercooperación, garantan a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promovan a diversidade na composición e participación e teñan en conta o impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñen ás persoas no centro da súa actividade.

Pódense presentar iniciativas  que se atopan nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínimo, sen necesidade de definir un modelo de negocio).

FORMACIÓN E ACOMPAÑAMENTO INDIVIDUAL E COLECTIVO:

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, unha revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 escribiu a Declaración dos dereitos das mulleres e das cidadás. #OlympeEmprende quere ser un compromiso coaigualdade promovendo a creación dun programa que apoie a creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que promovan a transformación.

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06 / 636 79 20 73

INSCRICIÓNS

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida por  CEPES actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para conseguir formación e emprego de calidade.