Guías de Xestión Cooperativa

EspazoCoop publica as ‘Guías de Xestión Cooperativa’ que pretenden ser un material útil para os distintos ámbitos da empresa cooperativa: Contable, Fiscal, Laboral, Organizativo e Social.

O cooperativismo aporta novos modelos de xestión empresarial con especificidades en distintos ámbitos: organizativo, social, laboral, contable, ou fiscal, que precisan dun nivel de especialización e coñecemento, non sempre afrontado en boas condicións polas persoas socias, nin polos grupos emprendedores que asumen o reto de poñer en marcha un proxecto cooperativo.

Contar con material de apoio que facilite asumir con criterio e de xeito rigoroso as distintas áreas da xestión cooperativa, especialmente aquelas que pola súa complexidade técnica e grao de especialización presentan maiores dificultades, resulta polo tanto de especial interese.

As Guías de Xestión Cooperativa elaboradas pola Unión de Cooperativas Espazocoop, co apoio financeiro da Consellería de Emprego e Igualdade, no marco das actividades da Rede Eusumo, van dirixidas, tanto ás cooperativas xa constituidas como a grupos promotores e pretenden facilitar información actualizada e práctica sobre cuestións clave nos devanditos ámbitos organizativo, social, laboral, contable e fiscal das cooperativas e que den resposta ás dúbidas máis habituais que adoitan ter as persoas socias e promotoras.

Para recibir as Guías en formato dixital, ou algunha delas, poden solicitarse a EspazoCoop.

Socilita as ‘Guías de Xestión Cooperativa’ >>> aquí


 

Que atoparás na guía da ÁREA CONTABLE?

  • Que tipo de contas temos que levar nunha cooperativa?
  • Existen diferenzas entre a contabilidade da cooperativa e outras empresas?
  • Cales son os fondos propios nas cooperativas?
  • Pode aumentar o diminuír o capital nas cooperativas?
  • Que son os fondos de reserva na cooperativa e como se contabilizan?
  • Que son e como se contabilizan as operacións cooperativas?
  • Que son e como se contabilizan as operacións extracooperativas ?
  • Como se distribúen os resultados positivos ou negativos?
  • Que tipo de libros contables temos que levar?
  • Que é a contabilidade previsional e para que sirve?

 

Que atoparás na guía da ÁREA FISCAL?

  • Cales son as principais obrigas fiscais na cooperativa?
  • Cales son as principais obrigas fiscais das persoas socias?
  • Que é unha cooperativa protexida e que beneficios ten?
  • Que é unha cooperativa especialmente protexida e que beneficios ten?
  • Cales son as causas de perda da protección fiscal?
  • Circunstancias excepcionais
  • Que diferenzas ten o imposto de sociedades nas cooperativas?
  • Casuística fiscal de interese:

No imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Nas cotas periódicas das cooperativas de consumo

Nos gastos e dietas de viaxe

No pago pola cooperativa da cota de autónomos

Cal é a normativa fiscal que regula ás cooperativas?


 

Que atoparás na guía da ÁREA LABORAL?

  • En que réxime de cotización se teñen que dar de alta as persoas
    socias dunha cooperativa de servizos ?
  • En que réxime de cotización se teñen que dar de alta as persoas socias dunha cooperativa de consumo?
  • En que réxime de cotización se teñen que dar de alta as persoas socias dunha cooperativa de traballo asociado?
  • Que dereitos laborais ten a persoa socia?
  • Que obrigas laborais ten a persoa socia?
  • Que normativa laboral ten que cumplir a persoa socia?
  • As persoas socias teñen dereito á prestación por desemprego?
  • As persoas socias teñen dereito ás bonificacións da seguridade social?
  • Pódese cotizar a tempo parcial nunha cooperativa?
  • As persoas socias están obrigadas a acollerse ao convenio colectivo sectorial?

 

Que atoparás na guía da ÁREA ORGANIZATIVA?

  • Cales son os órganos sociais dunha cooperativa?
  • Que é unha asemblea e que decisións se toman nela?
  • Que diferenzas existen entre unha asemblea ordinaria e extraordinaria?
  • Como se leva a cabo unha asemblea?
  • Cal é o órgano de administración ou goberno e que funcións desempeña?
  • Cal é o organigrama básico dunha cooperativa?
  • Como se asignan funcións e responsabilidades ?
  • Que é un regulamento de réxime interno e para que sirve ?
  • Como se toman as decisións na cooperativa ?
  • Que perfil deben ter as persoas socias das cooperativas ?

 


 

Que atoparás na guía da ÁREA SOCIAL?

  • Quen pode ser persoa socia dunha cooperativa?
  • Que significa ser persoa socia dunha cooperativa?
  • Tipos de persoas socias
  • Que dereitos ten a persoa socia?
  • Como se manexa a información na cooperativa?
  • Que obrigas ten a persoa socia?
  • Que teño que facer para ser persoa socia?
  • Cando unha persoa socia deixa de selo?
  • Que pasa se non cumpro as normas?
  • A persoa socia pode ser expulsada da cooperativa?
  • Que pasa coas persoas socias que non participan?
  • Que sucede cando hai conflito entre as persoas socias?

[ As Guías de Xestión Cooperativa encádranse no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social ]