Maos, cooperativa que fai parte de Ugacota, está entre as 50 webs en galego máis visitadas !.

Fai clic : Top 50

 

Queres coñecela súa web? preme aquí

MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado cuxa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.

O seu cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade.  As súas accións diríxense a conseguir que a sociedade galega entenda o seu patrimonio e a súa cultura como partes de si mesma, que os valore, os respecte e contribúa á súa conservación e transmisión. Para este fin, MaOs deseña, coordina e executa proxectos propios ou doutras entidades que se adecúen aos seus obxetivos.