A Xornada Fin de Programa do servizo ICOOPERA que terá lugar o vindeiro xoves 25 de febreiro no hotel Eurostars San Lázaro de Santiago de Compostela.

O Programa Icoopera é unha iniciativa impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego para potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación no contorno das cooperativas galegas.

Durante esta xornada coñeceranse os principais resultados acadados co programa, presentaranse casos de éxito de cooperativas para as que a innovación e o uso das TIC actuou como motor de desenvolvemento técnico e económico e farase entrega dunha completa guía de recomendacións sobre o uso das Tic e da I+D+i nas cooperativas galegas.

Ademáis de suliñar o papel do cooperativismo como oportunidade no contexto económico e social actual, a xornada servirá tamén para fomentar as redes de intercooperación, de xeito que cooperativas de distintos sectores traballen conxuntamente e se beneficien das sinerxias que se logren.

PROGRAMA

09:30h Recepción dos asistentes
10:00h Apertura e presentación da xornada
Dna. Covadonga Toca Carús – Secretaria Xeral de Emprego

10:15h Presentación do proxecto e resultados
D. Emilio Martínez – Serviguide Consultoría.

10:45h Experiencias de éxito cooperativo do programa
Modera: Emilio Martínez – Serviguide Consultoría
D. José Cuadrado – Terras da Mariña, S.C.G.
Dna. Rosana Francisco – Seisporoito, S.C.G.

11:30h Café-Networking
12:00h O impulso das Redes de Intercooperación no ámbito cooperativo
Modera: D. Higinio Mougán Bouzón – AGACA
D. Celso Gándara – Algalia, S.C.G.
Dna. Marián Fernández –  O Cable Inglés, S.C.G.
D. Francisco Padín – Amegrove, S.C.G.

13:00h Debate Coloquio. Rolda de contactos
Modera: Higinio Mougán Bouzón – AGACA

13:30h Peche

INSCRICIÓNS
Se desexa asistir á xornada pode facelo previa inscrición nesta ligazón. 

Se desexa máis información sobre a xornada pode contactar no correo electrónico: info@innovacioncooperativas.coop ou no teléfono 981 552 059.