Xacias achega desconto nos seus servizos de comunicación aos membros de Espazo Coop!

A nova cooperativa de traballo xuvenil que se suma a Espazo Coop, Xacias, vén de anunciar a posta en marcha dunha oferta especial para os cooperativistas da Unión. Dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro deste ano, todos os seus servizos contarán cun 15 % de desconto e permitirán que as persoas interesadas poidan reforzar a súa presenza en redes sociais ou medios de masas, mais tamén renovar a súa identidade visual.

Cunha gran versatilidade, Xacias abarca todas as necesidades da xestión en comunicación, dende as tarefas relacionadas cun gabinete de prensa ou deseño gráfico á creación de contido dixital (posts, copys, creatividades gráficas, banners, vídeos…), ou community management ou a produción de podcasts e newsletters.

Con todo, a nova cooperativa tamén intervén na redacción de artigos con enfoque SEO para as webs, a materialización de plans de comunicación e a cobertura en directo (por redes sociais e con fotografía) de eventos corporativos ou institucionais.

Un grupo especializado para conectar coa mocidade

Aproveitando a especialización do grupo promotor en comunicación dixital e institucional, con experiencia laboral en gabinetes de prensa e axencias de márketing, o equipo de Xacias Coop ten a capacidade de crear contidos e proxectos que conecten directamente con novos públicos para a túa organización.

Formatos innovadores, temas de interese para a mocidade, campañas dixitais… Xacias traballa dende a mocidade e para a mocidade, e se estás na procura de renovar a túa identidade corporativa visual ou o teu relato corporativo, podes coñecer máis sobre eles no seu sitio web www.xacias.com ou contactando con info@xacias.com!