Cupón da Once conmemorativo do Ano internacional das cooperativas
“As cooperativas axudan a construir un mundo mellor”
A ONCE dedica o cupón da fin de semana do domingo 8 de xullo ao Ano Internacional do Cooperativismo, que se celebra este 2012. Cinco millóns de cupóns levarán este motivo por toda España. Con esta iniciativa, a organización quere apoiar o papel das cooperativas no desenvolvemento económico e social.
O cupón da fin de semana da ONCE ofrece, por dous euros, un premio de 6.000 euros ao mes, durante 25 anos ás cinco cifras máis a serie, que pode aumentar cun premio adicional ao contado cando salga a ‘bola especial’ de color vermello.
Animámosvos a participar no sorteo e desexámosvos moita sorte!!