Desde Cestola na Cachola, S. Coop. Galega convidánnos a visitar a súa exposición de pinturas orixinais ‘MULLERES CON CESTA’, que estará aberta os días 4, 5 e 6 de decembro na entrada ao recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco da Feira das Industrias Culturais CULTURGAL´2015. Preme aquí para acceder ao cartaz-invitación.

Xa no recinto  da feira, poderedes atopalas no stand número 76. Serán moi benvidas as visitas.
(…) Fomos recibindo fotos e textos sobre mulleres que levaban a cesta na cabeza e nós mesmas sentimos a necesidade de coñecer as historias desas mulleres. (…)

(…) Sen pretender voltar á dureza da vida das “carrexonas”, esta exposición está comprometida na defensa da economía local. Unha sociedade coidadora da súa contorna, do seu traballo e da súa cultura, crítica e consciente co que merca e produce. Unha sociedade igualitaria que reparta e valore o traballo no espazo público e privado.

Así naceu esta exposición.