Últimas novidades da cooperativa Catro Ventos Editora

Neste último trimestre concentrouse a saída de tres novos títulos de Catro VentosÁrbores que non ardenCrac! Unha historia da economía e Mapa ecosocial de Galicia, publicados nesa orde.
Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais é unha obra coordinada polo proxecto Batefogo, de múltiple autoría, que buscar reflexionar e posicionar a variable xénero na xestión dos nosos montes. Batefogo reuniu a un equipo de autoras expertas nas respectivas áreas de influencia no complexo ecosistema dos lumes en Galicia, e completa esta visión cunha serie de entrevistas a iniciativas lideradas en feminino que están a introducir outra forma de facer e de pensar no rural e na xestión dos nosos montes.
Esta obra, froito dun mecenado realizado a través de Goteo, conta co traballo gráfico de Xoana Almar (Cestola na cachola), creadora da ilustración que serve de identidade gráfica da obra.
Ficha, preme aquí: Árbores que non arden
Crac! Unha breve historia da economía. Da Grecia Antiga ao século XXI fai un paseo por 12 000 anos de civilización e traza paralelismos entre o pasado e o presente para explicar cómo funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir dunha economía cíclica que sempre se repite. Esta obra de Alexandre Versignassi, director de redacción da revista Superinteressante, foi finalista do premio máis recoñecido de Brasil, o Premio Jabuti en 2012.
Ficha, preme aquí: Crac
Mapa ecosocial de Galicia segue a liña do camiño aberto con O libro dos océanos e, mediante un traballo exhaustivo de documentación e análise, plantexa unha fotografía actual da situación de Galicia basada non só en datos económicos, se non tamén en aspectos sociais e ecolóxicos. Rebeca Fernández Hermo (xornalista) e Xosé Veiras García (biólogo) presentan este traballo conxunto apoiado en máis de 50 gráficas que facilitan a interpretación das distintas variables analizadas. Cada capítulo remata ademais con exemplos de boas prácticas que están a ter lugar na nosa terra.
Ficha, preme aquí: Mapa ecosocial de Galicia

 

Máis información : (+34) 699 236 846 · comunicacion@catroventos.gal
Catro Ventos Editora S. Coop. Galega
Ferrería 25 · 36202 Vigo – Pontevedra (Spain)

Facebook | Twitter | Instagram | Linkedin