Madrid, xullo de 2018

N/P – UECoE – Unión Española de Cooperativas de Ensino

UECoE mantivo unha reunión co Ministerio de Educación e Formación Profesional para tratar temas de interese

O 17 de xullo UECoE mantivo unha reunión no Ministerio de Educación e Formación Profesional á que asistiu Carlos Sierra, Javier Martínez e Concepción Castarlenas, para tratar unha serie de temas de interese para a organización: a política educativa do goberno, o posicionamento educativo de Uecoe e o próximo Congreso de Cantabria.

UECoE reúnese con Alejandro Tiana Ferrer, Secretario de Estado de Educación e Formación Profesional, a quen acompañaba, María da Consolación Vélez de Medrano Ureta, Directora xeral de Avaliación e Cooperación Territorial.

A UECoE transmitiu ao Secretario de Estado a súa preocupación polas declaracións da ministra en canto á concertada, restándolle importancia e trasladando tranquilidade; segundo el, a simbiose pública-concertada leva funcionando perfectamente desde o 85 e o feito de eliminar da lei de educación o concepto de ‘demanda social’ non debe xerar preocupación senón a intención do goberno de volver á redacción anterior á LOMCE.

As persoas asistentes a esta reunión coincidiron en que debe ser o momento en que de forma consensuada deberíase revisar unha serie de aspectos da concertación. Solicitouse que se convocase a Mesa do Ensino Concertado para abordar este e outros temas necesarios para o sector, así como formar parte de todos os grupos de traballo que se poidan crear para estudar calquera proposta a futuro.

Por parte da UECoE reiterouse a súa posición no debate educativo, na que resalta a diferenciación das cooperativas con respecto ao resto das concertadas, así como unha serie de propostas tales como o financiamento público de 0-3, a aposta pola FP, inclusividade, laicidade, e outra serie de reclamacións singulares da nosa organización, así como formar parte da rede de centros de formación de formadoras(es) (Mir) e por suposto, unha vez máis, a solicitude de pertenencia de membro de pleno dereito do Consello Escolar do Estado.

No posicionamento de UECoE hai consideracións como que:

‘ A presenza das cooperativas de ensino como entidades de titularidade privada é necesaria e lexítima para a prestación dun SERVIZO PÚBLICO EDUCATIVO, ao igual que ocurre con outros servizos esenciais como a dependencia,  a discapacidade, a diversidade funcional, a intervención social, as escolas infantís municipais e autonómicas. De maneira que o “Público” non quede limitado á titularidade estatal e poda enriquecerse con aportacións da sociedade civil.’

Podes consultar os documentos entregados e expostos na reunión no Ministerio de Educación e Formación Profesional nestes enlaces :

1| UECoE – Regulamento de Normas Básicas sobre Concertos Educativos,  xullo 2018

2| UECoE – Posicionamiento Educativo, xullo 2018

Ademais incidiuse na importancia e interese pola asistencia da Ministra á inauguración do Congreso de UECoE en outubro en Cantabria, polo que será invitada ao mesmo.

 

Sobre UECOE
UECOE é a entidade representativa en España das cooperativas de ensino e dos centros educativos de economía social, e é a súa misión construír un proxecto pedagóxico xunto ao proxecto empresarial que cre e manteña emprego de calidade entre os seus socios e socias e as persoas traballadoras asalariadas, desde unha reflexión innovadora que aporta solucións concretas á educación.