ENCONTRO DE NOSA ENERXÍA | SANTIAGO

Darse de alta é máis doado partillando

28/09/17 . De 18 – 22 horas

A cooperativa Nosa Enerxía realiza un convite ao Encontro de Nosa Enerxía que terá lugar o vindeiro Xoves 28 entre as 18:00 e as 22:00 no Salón Belvís do Hotel Virxe da Cerca – Santiago de Compostela.

Queren convidar a todas as persoas socias da localidade e a comarca para coñecerse e, de paso, traer xente interesada no proxecto ou que queira darse de alta en Nosa Enerxía para acceder a enerxía verde. O reto que se marcan é duplicar o número de cooperativistas en Compostela, que nestes momentos rolda as 50 persoas. Védevos capaces? Se cada unha trae unha persoa isto está feito, co positivo que pode resultar para o crecemento da cooperativa.

En todo momento estarán durante esas 4 horas persoas do Consello Reitor ca información e mesmo se poderán dar de alta de contratos e novas persoas socias alí, simplificando o proceso que viñan utilizando até o de agora.

Nosa Enerxía agarda poder contar contigo, falar da cooperativa e da situación do medio ambiente en Galicia e, de paso, axudar a que Nosa Enerxía dea un salto adiante no obxectivo de acadar un novo modelo enerxético máis xusto, democrático e sustentable.

Onde queda o Hotel Virxe da Cerca?, aquí te deixamos a dirección. O xeito máis cómodo de chegar ao Salón Belvís é pola Rúa das Trompas.