Espazo Coop participa hoxe en Bruselas na Conferencia que celebra a Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) : Transferencia de empresas a cooperativas de traballo e o rol das autoridades públicas (unha alternativa subestimada para previr o peche de empresas) que ten lugar no Comité das rexións de Bruselas.

Trátase da conferencia final do proxecto Saving Jobs!, á que Celso Gándara, Presidente da Unión de Cooperativas EspazoCoop, asiste en representación da unión.

Nos próximos anos, un elevado número de pequenas e medianas empresas en toda Europa cesarán as súas actividades, ben pola crise ben porque as súas donas(os) non atoparán relevo.  Ao mesmo tempo, unha serie de empresas  simplemente farán un cambio de estratexia (por exemplo, traslados de empresas a outros lugares). Países como Francia, España ou Italia amosaron que aínda neses casos unha absorción da empresa por parte das persoas empregadas podería ser viable.

O Proxecto Saving Jobs, no que organizacións do estado trasladáronse a Polonia, Reino Unido e Dinamarca para explicar a experiencia e trasladar os coñecementos sobre as transformacións de empresas a cooperativas de traballo, é un dos proxectos piloto apoiados pola Comisión Europea, que pretenden dar luz sobre como conseguilo.

Nesta conferencia os actores da economía social, as autoridades públicas, sindicatos e representantes da sociedade civil debatirán sobre os elementos clave do éxito das transferencias, a situación nos diferentes estados membros da UE, así como o papel que as autoridades locais e rexionais poden desempeñar na creación dun entorno propicio.

Programa do evento aquí : Programa (en inglés) | EspazoCoop é entidade asociada a COCETA.

Ademais, o mércores 27 de setembro aproveitando a viaxe a Bruselas, celebrarase un consello reitor de COCETA no Consello Económico e Social de Europa, no que tamén participa o presidente de Espazocoop.  Posteriormente á súa celebración, Celso Gándara tamén asistirá ao Intergrupo de Economía Social no Parlamento, que está presidido por Jen Nielsen, e o conforman diputadas(os) europeas(os) con interés pola Economía Social.

Foto: Carmen Comos (Cepes) e Celso Gándara (EspazoCoop)