Telo na man Conecta

A cooperativa Medatlantia trasladan a invitación a participar no Programa Formativo cofinanciado polo FSE a través da Convocatoria Empleaverde da Fundación Biodiversidad, que están desenvolvendo.

TELO NA MAN-CONECTA xurde co obxetivo de facilitar a aprendizaxe daquelas competencias que nos faciliten o traballo, a xestión de proxectos colaborativos ou iniciar e liderar cambios no noso entorno. Liderazgo participativo, emprendemento, traballo en equipo xunto a outras habilidades, que van máis alá do coñecemento, serán claves no futuro laboral.

Buscamos contribuir a un cambio no sistema que deberá ir unido á necesidade de preservar os recursos dos que dispoñemos e poñer en valor a riqueza do noso entorno natural, marítimo e terrestre.

TELO NA MAN-CONECTA contempla acompañamentos para aquelas persoas participantes que queran traballar unha idea de negocio que recoñeza a importancia de mares, océanos e demáis recursos naturais como motores dunha economía sostible.

TELO NA MAN-CONECTA impulsa a creación dunha rede Europea de líderes en emprendemento sostible mediante unha Estancia formativa en Italia co obxetivo de buscar a intercooperación para a realización de proxectos dentro da Rede Natura.

ACTIVIDADES

1| Desenvolvemento de Liderazgo participativo para a xeración de procesos de cambio e oportunidades de emprendemento verde e azul. (40 horas)
Obxetivo: Mellora de competencias emprendedoras e en especial do Liderazgo participatrivo promovendo unha cultura de innovación colaborativa.

Prazas: 9 | Datas: 11 ao 22 xaneiro 2021 | Lugar: A Coruña. Extremadura.

2| Asesoramento para a creación de empresas verdes ou azuis. Obxetivo: Prestar axuda persoalizada e especializada a persoas emprendedoras para a posta en marcha e consolidación de empresas verdes e azuis.

Prazas: 4 | Datas: 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2021 | Lugar: A Coruña. Extremadura. Baleares.

3| Rede Europea de Líderes de emprendemento sostible. Obxetivo: Impulso ás iniciativas emprendedoras a través do establecemento dunha rede de colaboración europea de emprendedores. Dirixido a: participantes da acción de asesoramento para a creación de empresas.

Prazas: 6 | Datas: 3 ao 7 de maio de 2021 | Lugar: Aprilia (Italia).

Co fin de que facilitar a inscrición, Medatlantia, achegan máis información de interese, fai clic: Condicións Telo na man Conecta.  Podes escribir á cooperativa Medatlantia para aclarar calquera dúdida:

Medatlantia Consultoría Europea s. coop. galega | info@medatlantia.eu – 622 163 218

Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para conquerir formación e un emprego de calidade.