O pasado 25 de maio celebrouse, no Obelisco da Coruña, o mercado cooperativo no que as 15 cooperativas integradas por alumnos dos dez centros educativos participantes nesta edición do proxecto Semente venderon os seus produtos.
Esta é a sexta edición do Proxecto Semente, que promove o Concello da Coruña e no que este ano UGACOTA ven de participar encargándose da impartición dos módulos formativos ao alumnado participante dos distintos colexios. Dende novembro de 2012 impartíronse 4 sesións formativas e cada un dos dez colexios participantes, formando a mais de 325 alumnos e alumnas.
UGACOTA tamén estivo presente no mercado cooperativo, no stand institucional que compartíu co Concello da Coruña. O Proxecto Semente é unha iniciativa que pretende inculcar e fomentar nos nenos e nenas o seu espíritu emprendedor e os valores do cooperativismo para experimentar a forza que da a unións. Este mercado foi un bo reflexo das habilidades emprendedoras, de traballo en equipo e de venda dos e das cativas participantes no programa.
Mais información premendo aquí, aquí e aquí