Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas: unha ferramenta para fortalecer a economía social no sector.

 

 

Imaxe: Emi Candal, portavoz da Sectorial de Cultura de Espazocoop e vogal do consello reitor da Unión.

  • O 19 de setembro a Sectorial celebrará un xornada en Pontevedra.
  • “Estamos nun momento no que as administracións poñen o foco na economía social, e hai que decidir como o queremos facer e en que condicións”, comenta Emi Candal, portavoz da ‘Sectorial de Cultura’ da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

A ‘Sectorial de Cultura’ aglutina ás cooperativas do ámbito cultural asociadas á Unión de Cooperativas Espazocoop co obxectivo de dar voz a estas entidades, defender as súas demandas e impulsar proxectos de colaboración entre elas. Hai un par de anos que o que era unha necesidade para estas entidades conseguiu plasmarse na constitución desta sectorial, que o vindeiro 19 de setembro celebrará unha reunión en Pontevedra para tratar temas comúns ás asociadas.

En Galicia a referencia de cooperativismo é o cooperativismo agrario e o cultural resulta máis incipiente, pero considerouse necesario contar cunha sectorial propia despois de ter creada a dedicada ás cooperativas do ensino, que son as máis numerosas e que tamén teñen unha relación estreita co ámbito cultural.

Á fronte da Sectorial de Cultura de Espazocoop está Emi Candal, socia de Urdime, que é unha cooperativa cultural de referencia cunha importante traxectoria. Con ela falamos do porqué desta agrupación, que ten que ver -comenta- con que “somos un número importante de cooperativas en Espazocoop e na economía social en xeral, xa que o sector da cultura vaise asentando no emprendemento cooperativo”.

A experiencia individual de cada unha delas é un valor engadido para a sectorial. Como sostén Candal “o feito de que hoxe haxa cooperativas activas no sector, moitas con moito tempo de traxectoria, fai que cada vez se visibilicen máis, e imos intentando que o boca a boca contribúa a facer ver que as opcións do cooperativismo e da economía social son adecuadas para o traballo cultural”.

Tamén axuda a sumar proxectos culturais con esta fórmula empresarial o feito de que as xestorías, que non hai moitos anos desanimaban a tirar do cooperativismo para este tipo de iniciativas, o propoñan agora como unha posibilidade a ter en conta. E por suposto é importantísimo -como destaca a voceira da sectorial- a existencia de entidades como Espazocoop, que dan apoio, facilitan e acompañan no proceso de constitución.

E xa que medra o número de cooperativas culturais “hai a necesidade de poñer en común as demandas e as necesidades”, di Emi Candal. Na súa opinión, as dificultades para acceder a determinados contratos culturais teñen que ver en moitos casos coas dimensións das empresas cooperativas, porque ás veces o volume económico dificulta poder concorrir. O obxectivo que ten a sectorial é, entón, favorecer a colaboración para que poidan presentarse xuntas, e trasladar tamén as administracións as vantaxes que ten a economía social. Así, aínda que en Galicia non hai grandes corporacións, pouco a pouco vaise tendo máis capacidade, a través destas fórmulas de colaboración, insiste.

Hai cooperativas de dúas persoas e outras con ata 15 ou 16. Algunhas teñen máis de dez anos e están moi asentadas, outras son máis recentes. É importante polo tanto, argumenta Emi Candal, a intercooperación para acceder ás opcións de negocio, e as cooperativas adoitan botar man, cando o precisan, doutras cooperativas. “As propias cooperativas teñen capacidade de contratar, por iso nos diferentes foros como o Foro da Economía Social Galega se fomenta o traballo intercooperativo; as cooperativas contratamos e somos contratadas e hai que seguir afondando neste tema”, proclama.

Cales son as preocupacións comúns que afectan ao sector?

A voceira comenta que se refiren, entre outros temas, á seguridade na contratación e á necesidade de implementar medidas que garantan a valoración e o pago das ideas culturais. “Cando falamos de proxectos culturais hai unha fase de traballo creativo, estamos a dar ideas que teñen que ver co desenvolvemento de proxectos culturais; poñer en valor económico o que ten que ver coa creación cultural é fundamental”, reclama. Porque é obvio que o deseño, a xestión, a xeración de ideas e a programación son parte do traballo e como tal teñen que se pagar.

Outra cuestión na que é importante incidir é, como expón Candal, que todo o que ten que ver co mapa de capacidades de resposta as demandas culturais existe na economía social. As cooperativas deste sector poden atender todas as necesidades que se presentan e resulta fundamental visibilizar esta realidade. Apunta esta responsable que as administracións ou a clientela teñen que ter en conta que hai moitas empresas e que aí, nese espazo, está tamén a economía social, e engade que “non hai ningún tipo de servizo ou demanda que non se poida atender desde a economía social, por iso reclamamos visibilidade e ser tidas en conta”.

O feito de que a economía social coloque ás persoas no centro é outro aspecto fundamental, porque o obxectivo é o traballo dos socios e socias “e aí a estabilidade sae reforzada”, asegura. “Incluso á marxe das persoas socias, cando se bota man das contratacións o obxectivo é sempre a estabilidade laboral e isto marca a diferenza con respecto a outras fórmulas empresariais, o importante é o ideario”, subliña.

Emi Candal considera que estamos nun momento no que as administracións están poñendo o foco na economía social, e polo tanto “hai que decidir como o queremos facer, en que condicións; é importante a conciliación, a presencia de mulleres nos consellos reitores… todas son cuestións que están nas nosas mans, iso é un valor fundamental”.

De aí a importancia da xornada do 19 de setembro, que conta coa colaboración da Universidade e que se organiza, di a representante da sectorial, “como un lugar de reunión, de sensibilización, de coñecer proxectos doutros lugares do Estado para reforzar a capacidade de visibilización e de seguir avanzando nas necesidades comúns, e tamén como un punto de encontro con responsables políticos e institucións públicas e privadas”. O obxectivo: afondar no coñecemento e posta en valor do cooperativismo e a economía social do ámbito cultural.

 

* * Xoves 19 de setembro:  Xornada ‘As cooperativas culturais: resposta aos retos do sector cultural’ no marco do evento Pont Up Store 2019 na cidade de Pontevedra. Entrada libre ata completar aforo. Para máis información: info@espazo.coop

Contidos producidos para a A canle de comunicación en redes socias: Laces Economía Social Cultura Galicia-Portugal, no ámbito do Proxecto Laces (Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social), Eurorexión Galicia – Norte de Portugal. Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER, e Interreg.


[ PORTUGUÊS ]

Sectorial de Cultura da União de Cooperativas: uma ferramenta para fortalecer a economia social no sector.

 

  • O 19 de Setembro será realizada uma jornada en Pontevedra.
  • “Estamos em um momento em que as administracións adinistrações públicas se centram na economia social, e há que decidir como o queremos fazer e son quais condições”.

 

A Sectorial de Cultura reúne às cooperativas do campocultural associadas à União de Cooperativas Espazocoop como o intuito de dar voz a estas entidades, defender as suas demandas e promover projetos colaborativos entre elas. Há alguns anos, o que era uma necessidade para essas entidades refletia-se na constituição desse setor, que no próximo dia 19 de setembro será realizada uma reunião em Pontevedra para tratar de questões comuns aos membros.

Na Galiza, a referência do cooperativismo é o cooperativismo agrario e o cultural está ainda é incipiente, mas considerou-se necessário ter um sector próprio depois de ter creado o dedicado às cooperativas educativas, que são as mais numerosas e que também guardam uma próxima relação com o campo cultural.

Na frente do sector de Cultura de Espazocoop está Emi Candal, parceira de Urdime, que é uma cooperativa cultural de referência com uma importante trajetória. Com ela falamos sobre por que esse agrupamento, que tem a ver – comenta – com que “somos um número importante de cooperativas em Espazocoop e na economia social em geral, pois o sector cultural está a se instalar no empreendimento cooperativo”.

A experiência individual de cada um deles é um valor acrescentado para o sector. Como diz Candal, “o facto de hoje existirem cooperativas ativas no sector, muitas com muitos anos de trajetória, torna-as cada vez mais visíveis, e estamos tentando conseguir que o boca-a-boca contribua para mostrar que as opções de cooperativismo e de a economia social são adequadas para o trabalho cultural”.

También ayuda a sumar proyectos culturales con esta fórmula empresarial el hecho de que las gestorías, que no hace muchos años desanimaban a recurrir al cooperativismo para este tipo de iniciativas, lo propongan ahora como una posibilidad a tener en cuenta. Y por supuesto es importantísimo –como destaca la portavoz de la sectorial- la existencia de entidades como Espazocoop, que dan apoyo, facilitan y acompañan en el proceso de constitución.

Também ajuda a agregar projetos culturais com esta fórmula comercial o facto de que as empresas gestoras, que não há muitos anos foram desanimadas a recorrer ao cooperativismo para este tipo de iniciativas, agora a proponham como uma possibilidade a ser levada em conta. E, com certeza, é importantíssimo – como enfatiza a porta-voz di¡o sector – a existência de entidades como Espazocoop, que apoiam, facilitam e acompanham no processo de constituição.

Agora que o número de cooperativas culturais está a crecer “é preciso reunir demandas e necessidades”, diz Emi Candal. Na sua opinião, as dificuldades de acesso a certos contratos culturais têm, em muitos casos, a ver com as dimensões das empresas cooperativas, porque, às vezes, o volume económico dificulta a concorrência. O objectivo do sector é, portanto, incentivar a colaboração para que possam ser apresentados em conjunto e também transferir para as administrações as vantagens que a economia social tem. Assim, embora não haja grandes corporações na Galiza, está aumentando gradualmente a sua capacidade, através destas fórmulas de cooperação, insiste.

Existem cooperativas de duas pessoas e outras com até 15 ou 16. Algumas têm mais de 10 anos e estão muito bem estabelecidas, outras são mais recentes. É importante, portanto, argumenta Emi Candal, a intercooperação para aceder às opções de negócios; e as cooperativas costumam usar outras cooperativas quando precisam. “As próprias cooperativas têm capacidade de contratar, e é por isso que, em diferentes fóruns, como no da Economia Social Galega, o trabalho intercooperativo é estimulado; as cooperativas contratamos e nós somos contratados, e devemos continuar a nos aprofundar nesta questão ”, sentença.

Quais são as preocupações comuns que afetam o sector? A porta-voz diz que se referem, entre outras questões, à segurança no recrutamento e à necessidade de programar medidas que garantam a avaliação e o pagamento da ideia cultural. “Quando falamos de projetos culturais, há uma fase de trabalho criativo, estamos dando ideias que têm a ver com o desenvolvimento de projetos culturais; colocar valor económico no que tem a ver com a criação cultural é fundamental”, afirma. “Porque é óbvio que o design, a gestão, a geração de ideias e a programação fazem parte do trabalho e, como tal, devem ser pagas”.

Outra questão importante, como diz Candal, é que tudo o que tem a ver com o mapa da capacidade de resposta às demandas culturais existe na economia social. As cooperativas neste sector podem atender a todas as necessidades que surgem e é essencial tornar essa realidade visível. Ressalta que as administrações ou clientes devem levar em conta que existem muitas empresas e que, nesse espaço, está também a economia social, e acrescenta que “não há nenhum tipo de serviço ou demanda que não possa ser atendido pela economia social, é por isso que exigimos visibilidade e que se nos tenha em consideração”.

O facto de a economia social colocar as pessoas no centro é outro aspecto fundamental, porque o objectivo é o trabalho dos parceiros “e então a estabilidade é reforçada”, assegura. “Mesmo além dos parceiros, ao contratar pessoas para outras pessoas, o objetivo é sempre a estabilidade no emprego e isso faz diferença no que diz respeito a outras fórmulas empresariais: o importante é o ideário”, ressalta.

Emi Candal julga que estamos em um momento em que as administrações estão a se focar na economia social e, portanto, “temos que decidir como queremos fazê-lo, sob quais condições; é importante a conciliação, a presença de mulheres nos conselhos reitores… todas são questões que estão nas nossas mãos, isso é um valor fundamental ”.

De ahí la importancia de la jornada del 19 de septiembre, que cuenta con la colaboración de la Universidad y que se organiza, dice la representante de la sectorial, “como un lugar de encuentro, de sensibilización, de conocer proyectos de otros lugares del Estado para reforzar la capacidad de sensibilización y de seguir avanzando en las necesidades comunes, y también para ser un punto de encuentro con responsables políticos y de instituciones públicas y privadas”. El objetivo: ahondar en el conocimiento y puesta en valor de la economía social.

Daí a importância do dia 19 de setembro, que conta com a colaboração da Universidade e é organizado, diz a representante do sector, “como um local de encontro, conscientização, para conhecer projetos de outros lugares do Estado, para fortalecer a capacidade de conscientização e continuar avançando nas necessidades comuns, e também ser um ponto de encontro com os responsáveis políticos e instituições públicas e privadas”. O objetivo: aprofundar no conhecimento e a valorização da economia social.

* * Quinta-feira 19 de Setembro: Jornada ‘As cooperativas culturais: resposta aos reptos do sector cultural’ no marco do evento Pont Up Store 2019 na cidade de Pontevedra. Entrada livre até completar aforo. Para mais informação: info@espazo.coop – Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop.