O próximo 22 de abril de 2015 (mércores), Simbiosis imparten nas súas instalacións un novo curso de manipuladores/as de alimentos. Horario: 10:30-13:30.

Os cursos son prácticos e amenos, con proxección de vídeos e casos prácticos. Ao finalizar o curso entregaranche o certificado de formación.

O Regulamento 852/2004 do Parlamento Europeo e do Cosello relativo á hixiene dos produtos alimenticios, obriga a que todas as empresas alimentarias garanticen que os manipuladores de alimentos, reciban formación adecuada en cuestión de hixiene de alimentos, de acordo coa súa actividade laboral.

Simbiosis S. Coop. Galega está autorizada pola Consellería de Sanidade e inscrita no Rexistro de entidades de formación para a impartición de programas de formación en hixiene alimentaria co nº 501/GA.

Máis información, preme aquí